¡Benvidos a O Ticotico!, o blogue do Equipo de Dinamización das TIC do Xesús Golmar. Un espacio na rede no que ensinar e aprender cos recursos que nos ofrece sen perder de vista as importantes pinceladas de humanidade que a través da que parece unha fría pantalla nos poden chegar. ¡¡¡Desfruta da visita e participa da experiencia Ticotico!!!

Vídeos

Non fai moito que unha película/documental tomou gran protagonismo na análise da situación actual da educación. Os sesus autores resúmeno:
La Educación Prohibida es una película documental que se propone cuestionar las lógicas de la escolarización moderna y la forma de entender la educación, visibilizando experiencias educativas diferentes, no convencionales que plantean la necesidad de un nuevo paradigma educativo.
La Educación Prohibida es un proyecto realizado por jóvenes que partieron desde la visión del quienes aprenden y se embarcaron en una investigación que cubre 8 países realizando entrevistas a más de 90 educadores de propuestas educativas alternativas. La película fue financiada colectivamente gracias a cientos de coproductores y tiene licencias libres que permiten y alientan su copia y reproducción.
La Educación Prohibida se propone alimentar y disparar un debate reflexión social acerca de las bases que sostienen la escuela, promoviendo el desarrollo de una educación integral centrada en el amor, el respeto, la libertad y el aprendizaje.
Convidámosvos a que a vexades.

__________________________________________________________________________



Todos falamos con certa envexa do sistema educativo finlandés por detalles que coñecemos a través de diversas reportaxes e programas ¿pero sabemos realmente como funciona? Con este documental achegarémonos un pouco máis á súa realidade e permitiranos sacar conclusións un pouco máis obxectivas e ideas de como mellorar a nosa práctica. Evidentemente hai moitas cuestións que de momento serían inabordables na nosa terra debido a factores de tipo social e cultural, pero ben seguro é que no noso día a día podemos rentabilizar o noso esforzo. Non se trata de copiar, senon de analizar, asimilar e adaptar.

__________________________________________________________________________


Ben seguro é que Emilio Duró non nos vai descubrir a pólvora co seu discurso, pero quizais aporte unha visión que nos faga plantexar cal debe ser o noso camiño a seguir e cal a nosa nosa actitude ante os retos que se nos presentan no día a día. Case dúas horas, pero pasan de contado e posiblemente cando remates o seu visionado teñas unha chispa nova no corpo.

__________________________________________________________________________

Con motivo da visita do recoñecido fotógrafo Marcos Míguez, coñecido pola súa labor en La Voz de Galicia na nosa comarca, preparamos esta pequena presentación ilustrativa do seu traballo. Na súa charla amosounos o lado máis humano da súa profesión e deu grandes consellos aos nenos facendo fincapé na importancia dunha formación integral antes de decantarse por un camiño na vida, así como a imprescindible loita para acadar os soños.

__________________________________________________________________________

Outra versión do noso himno, neste caso toda unha declaración de intencións do que é o traballo en equipo. Estes dous xoves brasileiros desfrutan e fan desfrutar. Fan doado o que parece complexo e amosan a mellor cara do noso xénero, o esforzo cun sorriso e a ledicia como actitude protagonista.

__________________________________________________________________________

O gran Paquito D'Rivera tocando o himno da páxina con toda a paixón e entrega, coa complicidade do grupo e a brillantez do coñecemento, coa ilusión das súas primeiras actuacións e a maestría acadada co paso do tempo e o traballo, cualidade e valores todos eles que desexamos inspiren a nosa práctica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario