¡Benvidos a O Ticotico!, o blogue do Equipo de Dinamización das TIC do Xesús Golmar. Un espacio na rede no que ensinar e aprender cos recursos que nos ofrece sen perder de vista as importantes pinceladas de humanidade que a través da que parece unha fría pantalla nos poden chegar. ¡¡¡Desfruta da visita e participa da experiencia Ticotico!!!

domingo, 21 de abril de 2013

Emilio Duró - Optimismo e ilusión


Parece que na época que nos toca vivir todo pensamento ten que ir cargado de pesimismo e negatividade, que os únicos temas a abordar se refiren á amargura dun pobo oprimido e sentenciado por uns dirixentes corruptos. Mais debémonos resistir a enterrar a esperanza e atender a nosa obriga de cantarlle á ilusión e á ledicia. Hai saídas, hai camiños, hai soños por cumplir aínda que a veces non nos sintamos capaces.
Precisamente para eso seleccionamos este vídeo de Emilio Duró sobre a motivación. Unha charla apaixoada e desbordante de positivismo que nos axudará a tomar un novo camiño na nosa vida profesional e que tamén poderá ter a súa beneficiosa repercusión no ámbito privado sempre e cando a afrontemos coa sensibilidade e mentalidade aberta precisas.
Case dúas horas que se pasan de seguido ¡¡¡totalmente recomendado!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario