¡Benvidos a O Ticotico!, o blogue do Equipo de Dinamización das TIC do Xesús Golmar. Un espacio na rede no que ensinar e aprender cos recursos que nos ofrece sen perder de vista as importantes pinceladas de humanidade que a través da que parece unha fría pantalla nos poden chegar. ¡¡¡Desfruta da visita e participa da experiencia Ticotico!!!

martes, 30 de abril de 2013

Dicionario Visual Interactivo Galego - Infantil, 1º Ciclo

O Dicionario Visual Interactivo Galego xurde, como na propia páxina indica, para facilitar a integración de alumnado estranxeiro que descoñece a nosa lingua, máis polas súas características coidamos que pode ser un bo recurso para as aulas de Infantil ou incluso 1º Ciclo. A través dunha serie de escenarios (que podemos escoller facendo pinchando no botón da esquina superior esquerda) vaise amosando o vocabulario específico do entorno educativo así como de outros espacios como tendas, granxas ou centros de saúde. Ao pasar o rato por enriba dos distintos elementos e facendo clic neles podemos ver como se escribe, a súa definición e incluso escoitar a súa pronunciación.
Tamén hai unha importante sección de xogos para practicar o vocabulario adquirido así como fichas imprimibles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario