¡Benvidos a O Ticotico!, o blogue do Equipo de Dinamización das TIC do Xesús Golmar. Un espacio na rede no que ensinar e aprender cos recursos que nos ofrece sen perder de vista as importantes pinceladas de humanidade que a través da que parece unha fría pantalla nos poden chegar. ¡¡¡Desfruta da visita e participa da experiencia Ticotico!!!

lunes, 29 de abril de 2013

O sistema educativo finlandés (subtitulado)

Todos falamos con certa envexa do sistema educativo finlandés por detalles que coñecemos a través de diversas reportaxes e programas ¿pero sabemos realmente como funciona? Con este documental achegarémonos un pouco máis á súa realidade e permitiranos sacar conclusións un pouco máis obxectivas e ideas de como mellorar a nosa práctica. Evidentemente hai moitas cuestións que de momento serían inabordables na nosa terra debido a factores de tipo social e cultural, pero ben seguro é que no noso día a día podemos rentabilizar o noso esforzo. Non se trata de copiar, senon de analizar, asimilar e adaptar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario