¡Benvidos a O Ticotico!, o blogue do Equipo de Dinamización das TIC do Xesús Golmar. Un espacio na rede no que ensinar e aprender cos recursos que nos ofrece sen perder de vista as importantes pinceladas de humanidade que a través da que parece unha fría pantalla nos poden chegar. ¡¡¡Desfruta da visita e participa da experiencia Ticotico!!!

martes, 30 de abril de 2013

Plástica para Primaria

A Plástica case sempre estivo asociada a un entretemento na escola sen ocupar o lugar e/ou a importancia que realmente merece, en moitas ocasións por falta de formación nunha área tan específica que engloba tantas técnicas distintas. É por iso que vos presentamos esta canle de vídeos de Youtube da Área de Educación do Museo Thyssen-Bornemisza onde explica dende como preparar acuarelas a técnicas de pinturas con dedos, facer collages,... ¡Seguramente poidades adaptar máis de unha actividade ao voso grupo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario